viernes, febrero 19

VATICANdO

Ninguén o di abertamente, pero da a impresión de que, si non nacen mais criaturas neste sitio, é pola simple razón de que é moi difícil parir fillos por riba dos setenta anos. Tampouco ninguén di abertamente que a causa de que se fixera mais común neste sitio o toque de campá a morto que o berro das gaivotas, non é outra que, é mais normal morrer por riba dos setenta anos que de mozo. Decididamente, temos que ser conscientes de que, o ser todos aquí vellos, é a razón única de que a morte se vaia impoñendo a vida.

O Señor cura, que é o único que baixa dos corenta anos, ten pensado iniciar a súa particular cruzada de repoboación, convocando aos veciños a manifestarse en contra do aborto. Definitivamente esa fervorosa manifestación vai ser un éxito de convocatoria xa que ningún ancián está disposto a abortar.

Non contento con deixar ben claro a posición da Iglesia no tema da vida, pensa convocar outra para que se prohiba o consumo de azucre, xa que grazas aos datos que lle pasou o médico, .oitos dos que morren fano por complicacións da diabetes que padeceron. Pero ante o agravio comparativo, os de alto colesterol, queren que se faga outra manifestación para pedir a ilegalización do sal e da carne de porco, e por ende dos cocidos dominicais. Unha facción da Asociación Ergonómica da Terceira Idade, pensa que aínda sendo minoría, son quen de esixirlle ao Goberno que subvencione caixetas ergonómicas para que, cando chegue a resurrección, poder levantarse sen dolores de anos postrados nesas caixetas tan incómodas que se usan agora. Entendemos que o Sr cura apoiara esta manifestación, non soio por ser parte empresarial na carpintería que ten montada na Residencia de Anciáns do Santismo Sacramento, senón por que é evidente, que a resurrección dos mortos é unha cousa moi seria e ten base científica, xa que así o ensinaron sempre na escola e na iglesia. A Asociación de Excatequistas en Paro, que vai secundar todas as manifestacións, está mirando a viabilidade de convocar outra para que se obrigue por lei a acudir a misa tódolos días e para iso deberase entregar unha lista do censo a tódalas parroquias de España, para pasar lista, e o que non estea, poder confiscarlle os bens para a salvación do mundo, e para mantemento do Vaticano, único Estado recoñecido por Deus.

A Amparo de Chuca, xa nin lle deixaron falar. Pedía unha Residencia Pública e gratuíta. E foi o señor cura, o que, sinalándoa co dedo, acusouna de ser a autora da morte do mesmo Cristo, e tanto desgusto levou, que hoxe mesmo se enterrou. E foi mellor para ela, que iso acontecese, por que se tivera que esperar para que o cura solicitase esa manifestación, aínda resucitando e todo, nin dúas vidas lle iban chegar.

10 comentarios:

Blogger zeltia ha dicho...

vexo ese cura moi metido no nejosio!
as residencias de ancians son poucas, vou ver onde hai listas de espera para irme apuntando, que vai haber máis over booking do que xa hai!
ainda que xubilándose ós 67...
non sei eu... se poden andar polos andamios a esa edade, ben se poden arreglar sós nas súas casas cinco ou dez aniños despois!

1:19 AM  
Blogger Vinte renqueante ha dicho...

Paréceme que a Asociación de bebedores impenitentes vai a convocar unha contramanifestación a mesma hora que a de Excatequistas para que se poda facer obxeción de conciencia e se poda estar polas tabernas adiante en lugar de ir a misa. E son unha gran maioría.

10:38 AM  
Blogger ~pi ha dicho...

Asociación de Excatequistas en Paro...
jajajaja

... e o grande imbróglio
católico...hum...

de posição em posição!






beijo







~

11:38 AM  
Blogger Chousa da Alcandra ha dicho...

Eu, en representación da Asociación de Ex-Monaguillos Galegos, tamén digo que ese cura -para baixar dos corenta- é moi tendencioso.
(Entre nos: faille a pelota, que pode chegar á cima da xerarquía. Rouco non vai durar sempre)

3:57 PM  
Blogger BRABIDO ha dicho...

Amparo de chuca foise deste mundo sen probar a caixeta ergonómica,cando volva a respirar vai ter dor de riñon,oe¡ ti que tes confianza co parroco,dille que se monta un furancho dentro da catedral e pon precios populares e o viño sin sulfitos,que conte conmigo.

4:16 PM  
Blogger paideleo ha dicho...

Había que aproveitar oimpulso dese cura novo e encauzalo por boas cruzadaspero vai ser que non.

9:34 PM  
Blogger Aldabra ha dicho...

ese cura parede moi listo pero non ten ni idea do que quere a sociedade... e digo eu, ¿por qué non se dedicará a misar que para eso lle pagan e deixa as manifestaciós para outros?

o de a repoboación soa ben... mais que nada porque eso de fabricar nenos é unha ocupación moi interesante, aínda que eu, mentras non se tranquilicen os ánimos, non sei, son unha muller moi pacífica e para facer pequenos requírese moita relaxación e paz.

biquiños,

11:31 PM  
Blogger Merce ha dicho...

Ai! cos curas atopamonos... tenche boas aspiracions, eso si, vaiche ser un pobo moi adornado cada balcon con candasua pancarta pedindo o que mais lle interesa...

Biquiños

1:31 PM  
Blogger A lareira de Santiso ha dicho...

A Asociación de Celibatas en busca de Cura solicita máis datos a cerca do ínclito cura voso...

4:00 PM  
Blogger блоггер ha dicho...

свежие фото девушки

5:57 PM  

Publicar un comentario en la entrada

Suscribirse a Enviar comentarios [Atom]

Enlaces a esta entrada:

Crear un enlace

<< Página principal