UN BESUGO

Polo día o gris, pola noite o negro, e sempre…o vento. Este vento, que nos impide vivir, non é quen de impedirnos pensar, e é así, pensando, como deixamos que o tempo pase, como deixamos que este vento leve tamén ao tempo que nos fai vellos sen darnos conta. Porque cando o vento manda, todo se move, e o que mais se move son as almas dos que aquí habitan, aínda que se escondan esas almas no mais fondo de un.
E foi o vento de un día gris e unha noite negra o que anticipou a desgraza de Martiño Ouréns.
Martiño Ouréns levaba a vida de un besugo, e así, dependendo da cantidade de xente que tiña un xarabal, el arrimábase sempre adonde eran maioría, esperando e conseguindo pasar inadvertido ante a masa. Foi engordando a sombra dos diferentes xarabales de persoas, e gordo e lustroso chegou a súa mocidade. Pasou o tempo, e Martiño, pouco a pouco foi perdendo a facultade de mimetizarse, e primeiro uns e despois outros, fórono deixando cada vez mais solo. E ao igual que un besugo solitario, foi tendo cada vez mais problemas de supervivencia. Por que sabido é, que no mar e nesta terra, a vida non é para solitarios.
E foi a soidade, a que fixo que o gris e o negro e o vento se fundiran na alma de Martiño.
Foi onte cando na tarde gris e chuviosa, un refacho de vento tirou con un poste da luz. Chegou a negra noite e aínda sen luz, Martiño encendío unha vela para facer a cea, e cando foi con ela ao faiado para coller unhas patacas para cocer, tivo a mala sorte de drlle un golpe a unha travesa do tellado, facendo que este se desplomase en parte, facendo que Martiño, patacas e vela, caesen todos xuntos na habitación que había embaixo do faiado e na que Martiño durmía, con tan mala sorte, que a vela prendío na roupa da cama provocando un pavoroso incendio do que Martiño non se puido librar por estar preso por unha viga do tellado.
E foi así como, rodeado de patacas e ben cocido, acabou Martiño a súa vida de besugo. Diloteña de Primeiro Prato

21 comentarios:
As patacas "arregladas" teñen unha pinta caralluda. se estivera diante dese prato non tería intención de entablar un diálogo besiguiano; así que -despois dunha Avemaría polo desgraciado do Martiño- abordaría o xantar con moito xeito!
(Ollo co vento que nos ides mandar para aquí eh)
Non se pode luitar contra o destino.
co guapiñas que son as linternas de toda a vida, ésas da pila cuadrada grande (ainda que sempre fallan as condenadas cando as vas a coller para alumear no feado). descanse en paz Martiño e que sexa acompañado.
Aissss.....qué final....hehehe, ten razón PAideleo!!!
Era de ser,a sua casa acabou coa sua alma,o golpe coa travesa foi forte ou xa estaria a caer pola choiva e vento que temos.
Ti que vives pola costa e mellor que metas unhas pedras nos bolsillos,non vaia ser.
Suso, tí debes ter un algo de pirómano, que xa vai máis dun protagonista dos teus contos que termina os seus dias chamuscadiño...!
tiña unhas velas preparadas para a tremenda tormenta explosiva esa da que falan que vai vir o sábado... non sei se mercar unha lanterna no chinés de embaixo, vaia que termine eu coma o Martiño!
¡que triste remate!
biquiños,
Jaajajaaja! a crúa realidade fantásticamente cociñada jaja... gusto especialmente do primeiro parágrafo, maravilloso.
Gustame o teuconto, pero sobre todo levame os ollos ese plato de besugo tan apetitoso, pero home a quen se lle ocurre, cos tempos quecorren , poñernos un besugo diante, unha aperta
Ninguém consegue fintar o destino traçado...
Se eu apanhasse esse besugo agora...nham,nham ;)
Aperta
Teño moito sentimento pola morte de martiño, pero como besugo con patacas inda me da máis sentimento e sobretodo gañas de comelo,
ten unha pinta boísima.
Bicos
As desgrazas nunca veñen soias anque de besugos se trate.
Un saúdo
volve susoooooooo
sorprendente final culinario...! y aun siendo trágico, me has provocado la risa..!
:-)
besos nocturnos
Moi boas Suso. Andiven desaparecido, mais nunca me olvidei de ti. Afogado pola escasez de tempo, encontreime encerrado nun silencio que nunca desexei. Unha aperta grande e moitas grazas por aqueles días que nunca olvideí nin olvidarei.
Unha aperta.
Voume un tempo e cando volvo, encóntrote cociñando!!
As patacas quedarían un chisco queimadas por mor de non terlle man ó lume.
Moi boa historia.
E digo eu ... para cociñar un besuo ou ollomol ¿Pódese sustituir o peixe por un político?
Mais que nada porque hai políticos moi besugos, sen querer ofender os peixes.
Saúdos Suso
Triste vida e triste morte.
Por certo, aínda non tivera a ocasión de felicitalo por Para mariñeiros, nós; que gosto moito da serie.
Xa Martiño tiña nome de peixe, non? Qué queredes.
Bicos guapo, pensaba que ya no escribías y hace un montón que no te visitaba.
Como o sábado é o teu cumpleanos, mándalel un bo prato de Martiño, digo, perdón, de ollomol. Ou como dirían os mestres da época de Castelao (Ojo blando).
Que sigas cumprindo moitos máis.
Vento ? Dispenso, embora ande muito por aqui e levantado.
peixe? gosto imenso e as melhores pescadas que saboreei foi ái, na Galiza.
Tudo de bom
Ainda: letras de verificação? Detesto, rrss
Publicar un comentario en la entrada
Suscribirse a Enviar comentarios [Atom]
Enlaces a esta entrada:
Crear un enlace
<< Página principal