martes, enero 19

CRISTIANOS


Por se non o sabiades, o único milagre recoñecido polo Vaticano en España, é a multiplicación do arrós en Olivenza (Extremadura) no ano 1949, pero o que non sabedes de seguro é que ese mesmo milagre dáse nesta terra auguenta desde que existe o arrós.

Pasoulle tal cousa, xa no ano 1878, a Arcadio Pensado, quen, traballando de cociñeiro na goleta “ Fátima”, doulle por poñer un prato de arrós seco por cada tripulante. Comeron arrós durante vinte días, e, en vez de beatificalo, o que lle fixeron ao pobre Arcadio, foi, que o tiraron ao mar como quen tira un caldeiro de merda. Tanto se riron del, que nunca mais foi quen nin de frixir un ovo. Tres anos despois de aquel maldito día, deixaba Arcadio este mundo, e para mais cachondeo, cando a caixeta salío pola porta da iglesia despois do funeral, a xente, que nunca esquece nada, como se o enterro fose un casamento, tiráballe o arrós a vivapiña.

Non foi Arcadio o único que sufriu o milagre da multiplicación. A figueira de Carme de Amparo de Carme, daba figos e brevas na mesma árbore, e por se fose pouco milagre, vendía Carme mais de unha Tonelada de figos cada temporada. Pola contra o resto das figueiras, non daban mais que uns poucos que case sempre eran os que lle pertencían ao merlo. As malas linguas non falaban moi ben de Carme, pero iso a Carme nunca lle importou, hasta que foi ela a que se queixou pola multiplicación dos cans, dos arames de espiñas, e dos cristais nos valados que protexían as figueiras. Acabouse o milagre dos figos en catro anos.

Tamén Pristíno da Croa, con sete nasas, collío nunha semana, mil douscentos trinta quilos de pulpo, pero esta milagre, moito mais recorrente e antigo que calquera, acabóuselle pronto a Pristino. Roubáronlle seis nasas, e na seguinte semana chegou aos dous mil quilos. O martes da terceira semana, aparecío flotando con dous pulpos de cinco quilos cada seu, metidos na boca con un tolete, e isto sábese, porque o tolete estaba moi ben chantado na gorxa de Pristino.

Da mesma maneira, os cartos e as propiedades de Pepiño do Cordeón, multiplicaronse en solo dous anos. Pepiño non tiña mais que unha chalana con tres remos, e pescaba ao liñó. Un día, -o único dia que se lle acorda-, pasou polo porto co seu cesto de Santander, pero foi este día o único día que no cesto levaba peso. Nunha semana tiña unha planeadora con dous motores de douscentos cabalos, e aos tres meses xa tiña tres planeadoras e dúas motos de auga. De vivir nunha caseta cos seus seis cans e as súas sete galiñas, pasou nun ano a ter un chalé, catro pisos un restaurante, vinte solares, dous coches e tres furgonetas. Don José, que así se pasou a chamar, cheo de fachenda e mal gusto, non se lle ocurrío outra que facer unha estatua ca súa figura pero representando a San Roque, e donala a parroquia para que a cambiasen pola vella. Así se fixo, xa que o cura e mais el, aparte de compartir partida de malilla, compartían a admiración por Xesucristo e os seus milagres multiplicadores. Despois cambiou a San Xoán, o Sagrado Corazón, San Antonio, pero o que mais impresionaba era ver a Don José de Cristo Crucificado a tamaño natural. Hai que dicir que Don José, nos últimos anos engordara bastante e estaba cando fixo de modelo, polos cento trinta quilos, e tamén hai que saber que Don José é calvo como unha faneca, aínda que isto disimulábase bastante ca coroa de espiñas de ouro que o noso Cristo tiña.

Pepiño leva preso dous anos, e parece que aínda lle quedan quince. Don Basilio, o cura, xa esta en Bolivia atendendo as Misións. Os Santos Pepiños xa desapareceron todos, confiscados por Facenda. No chalé, metéronse uns ocupas e fixeron un Centro Contracultural, e o único que lle quedou a Pepiño, foron os tres remos. Que non se descoiden, que sabendo como sabemos como as gasta Pepiño, sóbranlle dous remos pra, cando chegue de Martutene, volver intentar outra vez, realizar ese milagre que tanto lle gusta a el…a o Vaticano.

16 comentarios:

Blogger zeltia ha dicho...

joooder
e que "a fariña" da para moito!

o conto das imaxes, cos santos e o cristo, estivo quenindiós

e o miragre da dona da figueira que daba figos e brevas á vez, tamén se faría en min, ¡mesmo sen figueira! (co que me gustan!) nin can, nin araño de espiño!

felicítote de novo polo teu conto, tes un estilo único.

3:48 PM  
Blogger Carlos Sousa ha dicho...

Ja,ja, que cariña de santo se che ve aí, donde andaría o teu compañeiro de fatigas... na capela, claro...

O do último miragre, non so che pasa por aí, me parece que acontece en moitos sitios. Novos ricos ostentosos e cheos de mal gusto (e mala conciencia).

Xa podedes ir facendo algún vídeo miragreiro, non estariades mal multiplicando arroz.

Aperas

5:31 PM  
Blogger BRABIDO ha dicho...

Que pouca fe tes Suso.

6:51 PM  
Blogger Merce ha dicho...

Si señor todo un empresario multipicador de cartos fariñentos! haiche moitos Pepiños por ahi eh?

E a verdade e que si, que a foto impresiona, con ise haz de luz tal cal fose iluminacion divina. Moi boa, digocho eu! :)

Biquiños.

P.D. Aquelo non eran mexadas, era auga, que no para de chover e xa o Miño cada dia que pasa, faisenos mais grande e xa non temos nin charcas de auga quente...

12:30 AM  
Blogger mencía ha dicho...

Pois mira que por estes lares polos que ando eu tamén se deron casos semellantes, esas multiplicacións de propiedades, coches, mais ben supercoches, suprechalés, pisos etc, e tamén "de la nada", ¡que cousa!
agora que inda non lle pjuxeron cara aos santos pero todo se andará.
O que me gustaría a min e velos com ao teu Pepiño, na cadea.
Bicos.

11:51 PM  
Blogger irene ha dicho...

¡Suso!, hemos elegido el mismo cambio, nos ha quedado muy chula la plantilla, ahora te leo y vuelvo.
Bicos.

1:03 PM  
Blogger irene ha dicho...

Con estas lluvias últimas, se van a producir muchos milagros de la multiplicación del arroz.
Seguro que a los de la goleta se le pusieron los ojos achinados, pobriño Arcadio, menudo recochineo.
Ya me imaginaba algo sobre los higos y las brevas de Carme, el pulpo de Pristino y los dineros y propiedades de Pepiño, ¿qué quieres que te diga? no creo en milagros.
Moitos biquiños, Suso.

2:11 PM  
Blogger Chousa da Alcandra ha dicho...

Claaaaro, e ti rezas para que multiplique os persebes?. Ti verás, pero vas tirar cos presios...

1:55 PM  
Blogger paideleo ha dicho...

Hai milagres e milagres e tamén forma de contalos. Encantoume.

11:05 PM  
Blogger Jose ha dicho...

Como dí o outro, "A uns páirenlle os bois e a outros non lle empreñan as vacas".
A seri de milagres dase moito nos nosos concellos. Xente que non pode obrar no solar por estar afectado.
E milagrosamente, despois de "falar" co alcalde, a nova casa xa pode comezar a medrar cara arriba.
Tamén os hai que acadan un emprego despois de visitar ó alcalde con tódalas partes do porco que unha persoa que confía no milagre pode acarrear.
Temos que beatificar ós alcaldes da nosa terra, porque son quén de facer auténticos milagres, que nin indo á Franqueira ou a Moraña se poden conseguir.
Se Castelao vivise no noso tempo, seguro que nos botábamos unhas boas risas parodiando estas situacións.
Moi bo o relato Suso.
Un saúdo.

12:40 PM  
Blogger Xan ha dicho...

Os milagres son moi propios da Galiza caciquil.As diputacions solen ser cousa milagreira. Os frijolitos Baltar e Louzan multiplican alcaldias.
Un saúdo

8:52 PM  
Blogger Raposo ha dicho...

Cada día te superas coas túas historias, parabens! E milagres habelos, hainos!!!

11:15 PM  
Blogger ekis1331 ha dicho...

MarXistral!!

1:52 PM  
Blogger Aldabra ha dicho...

e digo eu... ¿todo eso que nos contas e verdade?... e que eu non creo nos milagres e faiseme caralludo, de repente, crer en tantos...

os da cariña de santo son os peores, non me das confianza véndote rezar... non sei... se me antolla que de mariñeiro estás mellor e mais críble.

biquiños,

pero o conto estache moi ben.

9:55 PM  
Blogger Sra de Zafón ha dicho...

Genial, Suso! Ti sí que te multiplicas ata o milagre, estás que te sales. Enorme!!!!.

O que daría por ver filmada esa escea do arroz no enterro! e por ver o cristo rebosante.

Bicos

11:19 PM  
Blogger zeltia ha dicho...

e un contiño novo, non haberá por aí?

2:09 PM  

Publicar un comentario en la entrada

Suscribirse a Enviar comentarios [Atom]

Enlaces a esta entrada:

Crear un enlace

<< Página principal