DIMAS
Aínda que as estacións se sucedan unha tras outra eternamente, os ánimos das xentes que aquí respiran, permanecen sempre exactamente igual. E o mesmo da que chova arroios ou que o sol derreta as pedras, por que Dimas da Croa sempre vai estar contándolle a todos as súas desgrazas. Dimas bebe moito. Dimas bébeo todo. E nin el mesmo sabe, se bebe por culpa das desgrazas, ou as desgrazas son efecto da bebida.
Empeza moi cedo Dimas na taberna do porto, e recorre coma o seu propio via crucis, bar tras bar, tenda tras tenda, rúa tras rúa, explicándolle a todos, moi baixiño, o desgraciado que é, a mala sorte que sempre o acompaña. Por que dentro do malo que é ter que aguantar tódolos días da vida a mesma historia do naufraxio da vida de Dimas, o bo que ten, é que nunca berra, nunca levanta a voz para explicar os negros detalles da súa derrota, nunca da un chío mais alto ca outro. Así, foi posible que, pasado un tempo, as xentes de por aquí, acostumbrados a ese continuo rosmar, fixéranlle o mesmo caso que a unha mosca no verán. El falaba, a xente oía, pero ninguén escoitaba. Foi bo pra todos, porque ao mesmo tempo que facías unha obra de caridá escoitando ao que sufre, non descoidabas as túas tarefas rutinarias, como era ler o periódico, facer o sudoku, sachar no millo, ou mesmo dar de si; por que tal era a teima de Dimas que non o amedrentaba nin o cheiro do merda da xente cando na Romaría do Faro, se lle daba por contarlle as súas penas os que cagaban de campo despois da comellada no monte. Podiámolo ver, falando ao lonxe co fogueteiro, mentres unha tras outra as de sete estalos xingraban cara o ceo. Puidémolo ver na misa maior, primeiro falando co monaguillo e tan pronto levantaron o Altismo, xa se metío no altar a carón do cura a contarlle ao cura o que o cura xa sabía. Durante moitos anos formou parte da paisaxe de este noso mundo, e de repente de un día para outro, quedou mudo. Levamos xa catro días que Dimas non nos conta o desgraciado que é, e nestes catro días parece que o mundo cambiou do revés, por que agora somos nós os que lle contamos a Dimas o desgraciados que somos e o tristes que nos sentimos, desde que el decidío non recordarnos aos demais, as súas penas, as penas que a nós, por ser alleas, nos facían felices.

21 comentarios:
O amigo Dimas xa lle mandaria media chiquita por furancho.
Aunque parezca mentira a veces alegramonos das desgracias dos demais,ata cando nos toca a nos.
Eu son dos que creen que cada un sabe as suas
PRAADIANTE
agora vai ter que cargar coas propias e coas que lle contan os demais, meu pobre
Unha volta ao blogomillo mui boa !.
O Dimas é o exemplo do que nos parece normal ata o día que nos falta que nos decatamos do que valía.
O final é de sete estralos !.
Os percebes xa chegarán cando lles toque que non ha de faltar quen os coma, non ti preocupare.
Comparto a ledicia de paideleo polo teu retorno atinado ao blogomillo.
A min pásame un pouco como a Dimas, no senso de que ás veces non atino ben a diferenciar cal é a causa e cal o efecto da miña tosquedade vital...
Apertas de Antas
Heche ben verdade, nadie dirá que disfruta coas penas alleas, pero no fondo é así. Saber que alguén é máis desgraciado que nos, reconfórtanos un pouco, ou máis ben fainos esquecer as propias.
A historia é moi boa, espero que a seguinte non veña dentro doutro mes, jeje.
Un saúdo
xa me tardaba a historia. un pouco como Dimas somos todos, soio que temos a alguén coma él para que non pasemos a contar as nosas penas, que sempre as hai. esperemos que non cale.
Dimas cambiou de posición social logo?
Teño eiqui un veciño moi parecido o Dimas, no tocante o gusto pola bebida. Percorre uns cantos bares antes de chegar a sua casa. Xa non e a primeira vez que teño que agardar para subir co coche pola costa, mentres mexa no medio da estrada ou vai dando bandazos.
Pero el non lle conta as suas penas a ninguen.
Todo o mundo aproveita para contar as desgrazas cando para a falar con outro, mentres as maruxas de paso que van a andar (para baixa-lo cu)aproveitan para poñer a feder a fulano porque ten a viña sen sachar ou mengano porque se separou da muller.
Non sei se e mellor quedar mudo ou xordo, pero agora o Dimas falara cos seus pensamentos.
Saudos
P.D: Non me deixa poñer os tildes nas palabras ¿Sabes a que e debido?
Agora o Dimas vai decatarse de que non era tan desgraciado como cría.
Aquí no meu pueblo pásache un pouco o mesmo, cóntase a vida a cabalo de persoaxes e nunca dun mesmo. As persoaxes sirvennos de espellos e mesmo que os usemos pouco no vivimos sen eles.
Espero que a ausencia foran unha boas vacacións.
Tardache, pero valeu a pena.
Espero que o Dimas retome axiña a sua latrica porque si non ese recuncho do mundo non será o mesmo. O final é o que pasa: para valorar verdadeiramente as cousas temos que notar a súa falta.
Apertas.
valorosa terapia
de parte a parte, digo eu
( há que alternar os papéis, mudar
é fundamental! :)
beijo
~
¡canto tempo! tárdabame ler as túas historias.
pode ser que o Dimas se dira conta de que nadie lle prestaba atención de que simplemente estaban o seu carón sin máis, seguindo coas suas cousas...
os contos de borrachos son ben tristes porque a bebida non é unha boa conselleira e todos non levan tamén a bebida como Dimas, xeino.
biquiños,
Pobre Dimas, tal vez bebe para olvidar, para olvidar que nadie le hace ni puñetero caso, debe ser triste que a nadie le importen tus penas, por mucho que las repitas. Aunque esto sea sólo un relato, seguro que hay mucha gente que siente la misma soledad que Dimas.
Muy bonita la foto.
Siempre son un placer tus visitas.
Biquiños, Suso.
Sempre compre non ter algo para valoralo como se merece. E ahí Dimas deu no clavo.
Saudos.
Botabase en falta unha lecturiña por eiqui ;)
Como Dimas haberá moitos, seguro, a min gustame a xente que non levanta a voz...
Bicos
En moitos lugares hai xente parecida ao Dimas, xente que só se valora cando se bota de menos. Ás veces chámanlle o parvo do pobo, o tolo, etc., supoño que para que os demais nos sintamos cordos (xa se sabe, as cousas funcionan por contraste).
Un saúdo.
PD: se podes, pasa polo meu blog para cubrir unha enquisa.
Hola
Me alegra leerte de nuevo!
Por ahí alguien dijo una vez que se bebe para olvidar y se olvida todo menos lo que querías olvidar....
y las penas... flotan en el alcohol...
bicos
Dimas esta escoitando as penas alleas para facelas súas é así a xente poida continuar feliz.
Unh aperta
home, tanto coma felices... indiferencia ou egoismo pensando que o voso tamén tiña o seu aquél... pero felices escoitando a desgracia allea, iso non creo, salvo algunha alma ben miserable, que xa o pobre, bastante ten.
gustoume moito a historia, o detalle do cura, e a do fogueteiro pareceronme moi importantes na historia. tamén os dos que cagaban de campo, pero bueno, como estou a comer un flan, deume unpouco de noxo.
un placer lerte, percebeiro.
encanta-me essa casinha! sempre que vou sento no banco a escoitar-lhe os renxeres...
beijo
Publicar un comentario en la entrada
Suscribirse a Enviar comentarios [Atom]
Enlaces a esta entrada:
Crear un enlace
<< Página principal