jueves, enero 29

EN PUNTO


Tiburcio Chás, sempre fixo o mesmo desde que tiña uso de razón, que por esta parte do mundo, pegabase a un, como o xarampón, a partires de facer a Primeira Comunión, e era esa particularidade, a que facía que Tiburcio,sempre estivese localizado. Por que non solo facía Tiburcio as evacuacions maiores, case a mesma hora, como moitos humanos, senón que este home, facías xustamente no mesmo minuto e no mesmo segundo cada día. Iso si, non acataba Tiburcio os cambios de hora oficiais que o mundo establecía, e, as oito de Tiburcio, eran sempre as oito, así o sol, estivera ou non. Pero Tiburcio nunca tivo reló, cousa, que por aquí tampouco é tan importante, pero feita a proba infinitas veces, nunca Tiburcio se demorou mais de dous segundos nos seus actos. Levantábase tódolos días do ano, exactamente as sete e dezaseis da mañá, e isto sucedía, por que Tiburciño neno, nacío xusto enfronte da Parada do coche de liña que vai a Coruña, e sendo el de teta, a saída primeira do día era xustamente as sete cuarto en punto, polo que cando o chófer aceleraba para arrancar, Tiburciño espertaba co son acompasado do motor Barreiros. Pra vida. Tomaba café con cullerada e media de zucre e dáballe trintaedúas voltas pra desfacelo dentro do café con achicoria e con leite das vacas de Guxín. Hasta a roupa e o calzado o compraba por sextuplicado, xa que este era o único cambio que se permitía, e iso solo, se non atopaba as dez e vintatrés de cada venres na feira, reposto do que sempre usa. Pero no da roupa teno doado, xa que sempre vai de mono azúl. Sempre xanta o mesmo, patacas con peixe, ovos e verzas, con dúas culleradas de aceite de xirasol. Despois de xantar, as doce e doce, deitase pra siesta as as doce e vintasete, hasta exactamente as dúas e dezaoito, para, despois de lavar a cara con tres litros de auga do seu pozo, saír pola porta, e dirixirse atravesando a estrada as dúas e trinta e un, a Taberna do Coxo, onde durante trece minutos, mira como xogan a partida. As tres e trintadous da tarde, empeza Tiburcio a atravesar a Praia da Ermida, onde cumpre o seu rito do baño, as tres e cincoentasete. Visita a casa dos seus primos en Froxán, reza tres avemarías na Pedra da Serpe, colle vinte verzas da horta de Eufrasio, e tarda dez minutos en chegar,camiñando pola estrada, a Casa Florinda, onde lle dan conta das cousas e dos feitos do mundo, por que Tiburcio non sabe ler, xa que foi solo tres días a escola,e deixouna, por que lle fallaban os tempos. Pecha aporta da súa casa con un caravillón,que mete e saca antes de deixalo definitivamente, sete veces. Cea caldo con cocido, e deitase a durmir as nove e doce. Todo foi igual durante sesenta anos, hasta onte,en que por non enterarse do cambio na saída do coche de liña, Tiburcio foi embestir a súa puntualidade ca do coche. Morrío no acto, esmagado polas rodas. Velámolo na súa casa, e avisaron que o enterro sería as catro da tarde,e que nos funerais habería catro curas. Pero por primeira vez na súa vida, foi Tiburcio impuntual. Xa son as catro e vintasete, e a caixa aínda non salío da súa casa, aínda que na igrexa si que esperan catro curas

11 comentarios:

Blogger irene ha dicho...

Tanta programación no me gusta, Tiburcio debió dejarse llevar alguna vez por la improvisación, aunque sea muy, muy bueno, es aburrido hacer siempre lo mismo y a la misma hora.
Lo que me extraña es que no se levantara a las cuatro en punto y se fuera corriendo al cementerio sin esperar a los curas.
Vuestras vaquitas seguro que son mejores que las que ahora pastan por Madrid, al menos, serán más productivas.
Yo ahora debería estar durmiendo, pero yo no soy Tiburcio.
Biquiños, moitos biquiños.

11:55 PM  
Blogger paideleo ha dicho...

Para ser analfabeto e non ter reloxio,mui controlado tiña todo.
Un fenómeno o Tiburcio.
Supoño que a partir da cama do santo podo sacar algunha historia para Xiana.

12:22 AM  
Blogger ~pi ha dicho...

non-stop-tiburcio!

great foto!!




beijo




~

11:28 AM  
Blogger Raposo ha dicho...

Pobre Tiburcio, unha víctima mais das estradas galegas. Espero que non fora no paso de peóns...

12:06 AM  
Blogger Sra de Zafón ha dicho...

Bó Día Suso.
Levo disfrutando das túas historias dende fai moito tempo. No teu xeito de contar podo ver a cociña de leña da miña tía, co banco pegado a parede cheo de vellos a punto sempre de soltar un conto, e de nenos cheos de ganas de atrapalo.
Así, como unha nena famenta de boas historias, entro na túa cociña.

Onte linkeite ( creo que se dí así) no meu blog, espero non haber dinamitado algunha norma descoñecida.

Un bico moi grande e mariñeiro.

1:06 PM  
Blogger Roxiña ha dicho...

Saben mellor as súas historias con sofá e manta mentres fóra venta venta e volta a ventar.


Bicos con sal.

12:52 AM  
Blogger São ha dicho...

Improvisar também é agradável, não esquecer.
Boa semana.

2:49 PM  
Blogger Chousa da Alcandra ha dicho...

En realidade eu fago coma Tiburcio; sempre lle boto algún café ao azúcar.

Saúdos dende o Centro (Xeográfico). No político estou descentrado

4:48 PM  
Blogger Marinha de Allegue ha dicho...

A improvisación acompánhanos...

Unha aperta Suso.
:)

8:51 AM  
Blogger Cuspedepita ha dicho...

Eu xa sei o que lle pasou a Tiburcio. Escarallouselle o reloxio biolóxico e por iso anda tan mal de hora por primeira vez na vida (e na morte) ;-)

Catro apertas e catro bicos ás catro da tarde e catro minutos.

4:12 PM  
Blogger Lúa ha dicho...

en fin...algun dia teria de chegar tarde....inda que foi en circunstancias non gratas, moitos bicos.

4:13 PM  

Publicar un comentario en la entrada

Suscribirse a Enviar comentarios [Atom]

Enlaces a esta entrada:

Crear un enlace

<< Página principal