lunes, octubre 6

NO SOLPOR

Un dos praceres mais grandes que ten vivir nun porto de mar é, o solpor, acercarse paseando hasta o peirao. Nese treito de seiscentos metros que ten o paseo que eu dou, atópaste cas cousas normales de ver nun espazo así. Nasas apiñadas, aparellos, un mariñeiro iscando de carnada as nasas na súa chalana, os outros paseantes, os saúdos amables entre uns e outros, as lanchas que marchan para o mar, os arrastreiros que chegan. Son de maquinas de barco, berros de mariñeiros, berros das gaivotas, o son do vento de suroeste facendo musica nos buratos das varandas de protección, e o mar, nestas datas de outono, do color do chumbo. Todo no mesmo cadro, mentres na Praza da Ribeira, as nais cos seu nenos, escoitan impertérritas, as ordes que o altofalante de manobra do “Pescamar Primero”-
-Vira largo!,-Firme a proa!
O vento axuda a recoñecer as voces dos que falan no peirao, e así, moitas veces, oímos historias que contan na lonxanía, os pescadores de peirao, raza única que ten representación no mundo enteiro. Alí, no peirao, sea ao calamar, como a xarda, como ao xixí, esas xentes forman verdadeiros clans, que perduran por xenética, por séculos. Foi de esta forma, oíndo, como me enterei, por exemplo, que Dacio Pernas, primo cuarto meu, non volvío a tomar un cubalibre, nin bebida ningunha con xeo, e todo por que, según el, o seu último viaxe da vida como mariñeiro, pasouno pescando cinco meses sen ver terra na Patagonia Chilena, entre tempanos e icebergs, polo que a xente de por aquí, enténdeo perfectamente. Tamén vin cos meus ollos despois de oílo e non creelo, que Arístides Dominguez, é o único español que está fumando na foto do carné, e isto débese a que según as xentes, tan pesado é Arístides, que seguramente nin se fixaron, debido a que lle estaría rompendo a cabeza con calquera cousa. Ou que contou non hai moito, Froilan do Xato, que despois de case cincuenta anos navegando por todo o mundo, soi lle roubaron unha vez, en Valparaiso, adonde levaban os mellores licores para os militares golpistas de Pinochet, e sacaban a prata de Chacabuco, para Belxica, traendo de alí e Bilbao, pólvora para sacar ese mineral de prata, e así, seguido. Contaba Froilan, que saíndo unha noite de un garito portuario, un home pasou como unha bala, e meténdolle dentro do peto do pantalón a man, rouboulle a carteira, correndo, mentres Froilán, quieto, berroulle, -No corras hombre, que yo no estoy para correr!-díxolle de sopetón
-Mira, hazme el favor, coge el dinero y tirame por ahí la carterra, y que los disfrutes.-volvío a decir Froilán
O ladrón, como boa persoa que era, facéndolle caso a Froilan, e visiblemente arrepentido, collío os cartos e tirou a carteira, co que Froilán, listo como a fame, quedou sen unhas poucas perras, xa que o s cartos de verdá, os billetes grandes levábaos, como bo mariñeiro que era, nun peto camuflado do calzoncillo. Non hai como ter mundo. E así, día tras día, o peirao, encima do mar, e as xentes encima do peirao, e o vento encima das xentes, e o tempo encima do vento.


21 comentarios:

Blogger Jose ha dicho...

Xa sexa con mariñeiros, con labregos ou calquera outro gremio, un aprende moitas cousas e ó final remata sabéndoas coma se lle pasasen a un mesmo. Cantas veces o teño feito e bo proveito que teño sacado. O do home que sae fumando na foto do carnét paréceme escarallante e o da carteira tamén lle chega.
Nunga ocasión ía a madriña do meu irmán falando cunha señora que portaba un bolso. De súpeto dous mozos pasaron cunha moto e lle arrincaron o bolso. A muller botouse a rir que non podía parar. A madriña do meu irmán lle preguntou ¿Qué che fai tanta gracia, se che acaban de roubar o bolso?
A amiga lle respondeu: - E que levaba un gato morto nese bolso vello para botalo no lixo.
Menuda cara lle quedaría ós mozos ó descubrir o botín.
Saúdos.

11:04 PM  
Blogger paideleo ha dicho...

Cousas simpáticas como a do bloso co gato morto.

1:20 AM  
Blogger Antón de Muros ha dicho...

Pois eu non levo os cartos na pataqueira (nin un gato morto no bolso) jajajaja

Moi boa entrada.

Saúdos dende o sur.

Antón.

4:13 AM  
Blogger Nébeda ha dicho...

un mastín cazando un corzo... oh, nunca tal imaxinei.

bico.

9:05 AM  
Blogger Markesa Merteuil ha dicho...

E digo eu que felicitarías ó amigo Froilán polo seu santo, non si?

11:48 AM  
Blogger CRIS ha dicho...

HOla
que bueno que hayas vuelto a escribir. Siempre un placer encontrarte.
Me encantó el final:
"No hay como tener mundo. Y así, día tras día, el muelle, encima del mar, y las gentes encima del muelle, y el viento encima de las gentes, y el tiempo encima del viento."
precioso...

Un abrazo

12:13 PM  
Blogger Barão da Tróia II ha dicho...

Já cá não arribava há um tempo mas hoje vim ler, e, como sempre é um prazer enorme, boa semana meu amigo.

12:42 PM  
Blogger Mirada ha dicho...

eres a caña
jajajaja
quero ir o San Froilán contigo.
Biquiños.

2:04 PM  
Blogger Manuel L. Rodrigues ha dicho...

Aquí o fermoso é ollar aos maríscadores montar os aparellos todo inquedos (comeza a tempada do berberecho en Noia e é algo do que ninguén que aquí viva poda pasar por alto)

mmmm (teño que adicarlle unha entrada a isto, si)

Apertas Suso!!

6:29 PM  
Blogger Sara ha dicho...

Sabedoría popular.

7:30 PM  
Blogger Chousa da Alcandra ha dicho...

Eu coñecín a un home (daquela ainda non acadaba ese grao) que tiña un bolsillo engadido no interior dos calzoncillos!. E,por certo, non me consta que fose mariñeiro.
Non teño moi claro se era para protexer os cartos tanto como a sua masculinidade ou para que ninguén fose tan ousado de meterlle a man alí para roubalo...

9:30 PM  
Blogger ~pi ha dicho...

belíssimos códigos do vento

reconheço as traduções todas,





~

1:47 PM  
Blogger Ana ha dicho...

Hola suso
Cada vez te vemos (leemos) menos,entre post y post.
Es una alegría leerte de nuevo.
Un besazo

5:46 PM  
Blogger Cuspedepita ha dicho...

Anque tardas un pouquiño (vaia folgazán que estás feito...¡manda chover !) paga a pena agardar porque o humor conservalo intacto. Non sei onde o levarás metido, pero agardo que non sexa no mesmo sitio que os billetes do Froilán ;-)
Un pracer lerte, coma sempre, e aprender e rir as túas historias.
Unha aperta.

9:38 PM  
Blogger O Raposo ha dicho...

Mi madriña, a de cousas que se aprenden nun peirao!

5:02 PM  
Blogger irene ha dicho...

Gracioso el relato de Arístides, no hay nada como ponerse pesado y atontar a los demás para conseguir lo que se quiere. Muy astuto Froilán, se ve que era listo como el hambre y un hombre de mundo.
Divertidas historias.
Preciosa foto, con ese mar otoñal embravecido, debe ser un placer pasear por allí.
Moitos bicos.

1:14 PM  
Blogger lua ha dicho...

oh!!! vou facer iso tamén, coma o mariñeiro!!!hehehe, bicoss

3:12 PM  
Blogger vermella ha dicho...

Como dicía meu pai "para aprender non hai nada como escoitar",o dos cartos na faldriqueira do calzón forma parte das historias escoitadas na miña infancia.
bicazos.

7:58 PM  
Blogger Dorvisou ha dicho...

Incribe pero sempre certo. Hai contos que por contos que sexan sempre parecen verdade.
Coido que ti es dos que ves pouco a Tv. Dos que lle gusta máis falar coa xente e tirarlle da lingua para que solten lastre. Os vellos do lugar cando te ven chegar dirán " aí ben o vampiro dos contos"
Bicos, meu.

1:25 AM  
Blogger Ninsesabe ha dicho...

Pois será inventado todo, pero eu vouno crer desta vez. Bueno, todo, menos os nomes...
Unha aperta, Susiño.

11:51 AM  
Blogger Mirada ha dicho...

eres xenial, en serio, moito, moito, moito...
encántame leerte, eres unha pasada...
Moitísimos bicos e apertas

10:14 AM  

Publicar un comentario en la entrada

Suscribirse a Enviar comentarios [Atom]

Enlaces a esta entrada:

Crear un enlace

<< Página principal