ESPACIO EMOCIONAL Y LITERARIO
susolista@hotmail.com

lunes, noviembre 19

MISTERIOS CASI RESOLTOS (1ª PARTE)



Fun monaguillo desde os seis anos, e ainda que pareza mentira, recordo casi que todolos dias de todolos anos que nesa iglesia e nese cementerio estuven. Recordo perfectamente a disposición de cada obxeto dentro da sacristía. Xusto enfrente da porta da entrada desde o exterior, estaba o armario donde o cura colgaba as ducias de casullas, que se poñía pra facer misa, e que, pra os que non o sepan, tiñan cada sua, o seu dia e a sua época. Pras misas de difuntos o ouro e o negro, pra os dias de festa ouro e amarelo, e así, variando según fose Adviento ou Pentecostés. A esquerda de ese armario, estaba unha gran cómoda presidida por un gran crucifixo, con caixóns donde se gardaban as sobrepellices e outras puntillas blancas que o cura poñía por riba da sua roupa ou xa directamente, cando tiña frio, por riba da sotana. No medio de esa cómoda, entre as dúas filas de caixóns había unha laceniña que o cura sempre pechaba con chave, xa que era donde gardaba o copón de ouro, e o viño. Os sacristáns o que mais nos incitaba naquelas épocas era o viño, e creo que en realidade o cura pechaba aquela lacena, pra que non lle libáramos o viño. Xusto nunha esquina e a esquerda da cómoda estaba a arandela de ferro colgada de unha corda, que nos servía de mando a distancia, pra tocar a campana sin subir ao campanario. Enriba da cómoda a esquerda do Cristo, había unha ventana alta que daba ao interior da iglesia, e pola que nunca mirei, mais ca en soños. Na parede que estaba a esquerda da entrada, había un arcon que tamén servía de banco, e xustamente nese arcón, era donde nos sentábamos os monaguillos a espera de que chegara a hora da misa. Dentro de ese arcón, dividido en dúas partes, gardábamos as velas que cambiabamos cando xa levaban varios dias usadas, xa que os ofrecementos de velas aos santos eran continuos por parte dos feligreses. Con eses restos de velas, facíamos outras mais pequenas pra meter dentro de unhas buxias que estaban no altar, e que tiñan un muelle dentro que facía que sempre esa velas fosen subíndo pra que a chama salise por riba de eses modernos candelabros. Tamén había na sacristía unha mesa central, que a parte de ser donde os mnonaguillos xogabamos a partida sin que nos vira o cura, servía de apoio os curas que acudían en tropel aos funerales, que era donde vendian a mercancia entre eles pra diferentes funerales nas diferentes parroquias das que procedían. Era o puro mercado cando esto acontecía, e acontecía en cada funeral. A dereita da porta, había un confesionario vello e fora de uso, no que se gardaban os paños negros con que se cubría a mesa na que as caixetas de corpo presente, se pousaban encima pra darlle o último adeus na iglesia antes de levalas pro cementerio. O lado do confesionario estaba a mesa, e os portacirios que se poñian nas catro esquinas da caixa. Logo viña un armario ca porta e laterales de cristal, que non tiña outra cousa ca naveta do incienso ou incensario e as pastillas de carbón que se poñían dentro do botafumeiro pra despois poñerlle enriba o incienso que afumaba toda a iglesia, asi fose un enterro ou un dia de festa. Logo do armario de cristal, viña a porta por donde se accedía a iglesia. En perpendicular e xusto a esquerda da porta da entrada desde o exterior, había outro arcón, con papeles vellos e candelabros deteriorados; arcón por outra banda, que casi nunca abríamos, por non chamarnos a atención as cousas que dentro había. Casí nunca, hasta un dia, que os meus ollos se pousaron nunhas extrañas letras escritas nun idioma que nin eu nin ninguén naqueles tempos coñecía. Collín aquel papel, e gardeino, esperando que ninguén o botase de menos, cousa que sucedío, e pasado uns dias, hasta eu mismo me olvidei de el. Pero este xoves pasado, sin querer, buscando por outras cousas atopei unha caixa de metal donde eu de rapaz gardaba cromos e cousas cas que xogaba, e sacando aquelas cousa, vin que no fondo entre duas tablas que servían de protector da humedade do cu da caixa, aparecío aquel papel que eu de pequeno roubara da iglesia. Gracias a Rede, foi fácil descubrir, que estaba escrito nun dialecto que se fala cerca de Rusia e Rumanía, e aproveitando que vive aquí un Bulgaro, busquei quen mo pudera traducir. Foi mais fácil do que pensaba, e o viernes unha copia do papel, salía cara a ciudade, pra que me chegara a traducción o antes posible. O sábado chegou a traducción, e pódovos asegurar, que ahora, unha vez que a leín, comprendo moitas das cousas que sucederon na Costa da Morte desde aqueles lonxanos dias de vran de 1896... (continuara)

9 Comments:

Blogger paideleo said...

Uau, parecen os papeis dun tal Cid Hamete.
Empeza a intriga...

11:26 PM

 
Anonymous Doutora Seymour said...

Non me deixe así que estas cousas a min me suben a tensión, xa é martes, eu quero saber que dicía ese papel. Non teño paciencia ningunha.... seino.

12:31 AM

 
Blogger APÁTRIDA said...

Suso, deixasme abraiado. Non será que todo é unha pantomima e que os curas eo papa son unhos impostores.
Que utilizan o nome dun Deus inexistentes para vivir do conto asociados os caciques
Unha aperta

8:13 AM

 
Blogger Silvana said...

Recordas todo perfectamente, os obxectos, a sús disposición, as palabras .... pero dime ¿recordas onde está Xesús, si é que está nalgunha parte?


Déixasme intrigada, espero a segunda parte ....

Un saúdo.

10:08 AM

 
Blogger O Raposo said...

Eu tamén fun monaguillo un par de anos. Lémbroo agora e paréceme absurdo pero daquela...
Que veña axiña esa continuación que me deixou coa alma en vilo.

10:26 AM

 
Blogger Ra said...

Como la Doutora tampoco tengo paciencia, pero por sus historias merece la pena esperar.
Encantóume a foto das mans.
Abrazo, suso.

12:18 PM

 
Anonymous Anónimo said...

Non sei porqué teño poucos recordos da miña infancia (falo de 5, 6 ou 7 anos...) pero recordo perfectamente o olor tan característico da iglesia de Corme, porque a xente dirá que todas olerán igual, pero non é certo en todas as que fun non puden reconocer o olor da nosa, tan a pedra, humedá e frio,pero tan familiar...tamén recordo perfectamente o ritual do cura pero de portas pa fora porque acórdome ben que sempre pensaba en qué estaría facendo o cura alí dentro naquela casetiña. Acórdome do silencio tan grande e inmenso que se facía cando o cura estaba a limpar a copa e demais enseres cos que comía o corpo de cristo e bebía a sua sangre.E como non algo que me marcou para sempre era a solemnidade dos funerales, acababa chorando en todos, miña nai sempre me decía " es ben pobriña miña filla non sei que vas facer cando morramos alguén de nos..." pero é que non podía pasar daquel momento no que todos os curas (si era un funeral de postín) cantaban a coro (o de Brantuas xa cos ollos entornados...)e o do órgano (non me acordo como se chamaba,( ti seguro que sí) tocaba aquelas teclas como si o mismo cristo fose entrar na iglesia...aquel: DALE SEÑOOOOOOOR EL DESCAAAAAAAAAAAAANSO ETEEEEEEERNO BRILLE PARA EEEEEEEEEEL (OU EEEEEEEEELLA) UNA LUUUUUUUZ PERPEEEEEEETUA... empezaba a chorar e xa non podía parar e non che digo nada si me cadraba ó lado da marinera, que sabes que era a que millor cantaba de toda a iglesia... bueno e vou parar porque che vou encher o blog, gracias por desenterrar emocions e recordos...

non pares, si podes...

4:40 PM

 
Blogger r.r. said...

:-o

5:43 PM

 
Blogger Marisa said...

Suso, me devulven los mails que te mando. Te pasaba mi teléfono para que habláramos de lo de la radio.
¿Dónde te lo envío?

9:08 PM

 

Publicar un comentario en la entrada

Links to this post:

Crear un enlace

<< Home