ESPACIO EMOCIONAL Y LITERARIO
susolista@hotmail.com

viernes, mayo 18

VIDAL

Que nadie dos que esto miren, ou lean, pense que xa empezo a chochear. Non vai ser de momento, nin neste espacio literario, donde se me note tal desfeita cerebral, e se así é, disfrutádea, por que me da na alma, que ese dia, vai ser precisamente a mais lúcida da miña alegre vida triste. A foto, efectivamente, é repetida, pero repítoa porque quero que vos fixedes no arte que arrastraba diante sua, o Gran Vidal. Digo, diante, porque pra calquera fotógrafo que se precie de selo, é nos seus ollos, na sua mirada ao frente, e logo transformada en interior, donde se fragua toda esa tormenta de sensibilidade, que nós, mais de cen anos despois, ainda captamos e dixerimos no noso interior, pra facernos sentir, quizás, un pouco mais humanos mortales, do que normalmente un ser humano se considera, cando non pon o seu interior a facer preguntas e buscar respostas, que traeran outras preguntas. As cousas, din os vellos, non son como empezan, senón como acaban; e Vidal acabou a sua vida, pouco menos ca olvidado, e continúa a estalo. Tódolos diarios e mentes cultas Galegas, se fixeron eco estes dias, da morte de Caamaño Bentín, desfacendose en elóxios da sua persona e das suas fotos. Eu non vou ser menos, e reconozo efectivamente, que foi un gran captador da vida de unha parte da Costa da Morte. Xa dixen aquí, noutros posts, que Caamaño e Vidal, asique Caamaño empezou a sacar fotos -cousa que Vidal xa facía anteriormente-, dividíronse o territorio, poñendo por fronteira o Rio Grande que pasa pola Ponte do Porto; pra Sur Caamaño, pra Norte Vidal. Todolos naufráxios acontecidos desde o principio do século XX, foron retratados por Vidal, hasta os anos 70 no que finou. Seguindo a tradición despois, un fillo del, e ahora un neto. O archivo de Vidal, ainda hoxe non se sabe moi ben de cantos miles de fotografías e placas de cristal está composto, xa que se encontra desperdigado por todo o mundo. E digo mundo, porque todos os que aquí, na Costa da Morte nacemos vivimos e morremos, poseemos cada un de nós mais de duas ou trescentas fotos de este maestro de maestros. Vidal acabou a sua vida olvidado, e somos nós, os que ainda o recordamos, os encargados de decirlle a todolos cultos galegos, que é de xusticia recuperar a sua memoria, porque é a memoria de todos nós. Debería de facerse un catálogo aproximado da sua obra, xa que o total, é completamente imposible, debido a extensión do mismo, e sobre todo, debido a disgregación, que por culpa de moitos factores, fixeron que esta obra, ainda a dia de hoxe, non estea recoñecida. Vaia desde aquí a miña pequena e humilde homenaxe ao que eu considero, o primeiro e mais grande fotógrafo da Costa da Morte, Vidal. Dioloteña na gloria

8 Comments:

Anonymous o que ven sendo said...

Estaría quitada á altura do bar de Filgueira?
Identificas a alguén?
Vidal ten que ter un patrimonio en fotos enorme.

9:55 PM

 
Blogger Suso Lista said...

Si ahí mismo está, nadie identifica a nadie, xa que todos, pola edad deben de estar mortos. Ten o maior e millor patrimonio fotográfico da Costa da Morte, e poida que de toda Galiza.

11:00 PM

 
Blogger paideleo said...

Di que si. Estass fotos son ben boas. Sería unha pena deixalas perder.

1:01 AM

 
Blogger Marisa said...

Te dejo una invitación a un Meme en mi blog, Susiño.En tu caso puede ser interesante, como las obras de arte , que no son bonitas, si no interesantes.

2:08 AM

 
Anonymous Anónimo said...

Marisa, a ver se consigo unha cámara, e fago ese Meme. Suso

6:49 PM

 
Anonymous Doutora Seymour said...

Concordo totalmente, os documentos fotográficos debúxannos tal como fomos, é imprescindible conservar o material daquela época para que os que aínda non saben dela saiban, e sobre todo para os que a viviron e a adornan non lles quede outra que calar cando miren o mundo real.

9:16 PM

 
Anonymous O Peto Lareto said...

A verdade é que non lle damos importancia a aqueles que facían o rexistro das nosas vidas, unha especie de fotodiario persoal do que a maioría non se decata ou simplemente descoñece, porque hoxe en día ata para eso empregamos máquinas, fotomatóns sen alma, foto, matóns...

1:01 AM

 
Blogger Alfredinho said...

Suso, deixeiche un mail no teu correo, que tiña que falar contigo.

Saúdos!

10:26 PM

 

Publicar un comentario en la entrada

Links to this post:

Crear un enlace

<< Home