NUNCA MÁS!!!!!!!
Tendes que perdonar, pero como membro de Nunca Mais, e por ser requerido por toda a sociedade, pendiente de nós tan pronto a calquera badulaque lle cai o Ronson de ghasolina o chan, tuvemos que ir a costa da Mariña Lucense, pra evacuar a población enferma dos gases Cyclon B, que certos personaxes, se encargaron de meterlle a estes probes mariñeiros e labregos do norte de Galicia. Eses personaxes polas nosas investigacións, apuntan directamente a ZP e os seus secuaces. O avó de ZP, foi republicano, e polo tanto, foi conteporáneo de Hitler, e como non, e aquí está a proba do nove, tamén o foi de Himler, polo tanto, seguramente cosido en algún dobladillo da chaqueta de ZP ou de algún achégado, se poido agochar este gas tan letal que todos sabemos que en realidá, non foi usado, polos alemáns, pero si polos descendentes dos que acusan ao Sacrosanto Movimiento Nacional de golpe militar, cando todos sabemos, que o heroe Franco, salvou a humanidade precisamente de que eses roxos de merda gasearan aos bos cristianos da COPE. Pois vaites, que ahora, eu veño de enterrar a miles de lucenses e outros tantos que terán secuelas de aquí en trescentos anos, por non decir as tripulacións do Don Inda, do Alonso de Chaves, e dos pobres pesqueros que pasaban a menos de 200 millas do barco da morte. Ahí tendes a proba vendo esa terrible foto tomada esta misma tarde con un supertelescópio pra que non lle afectaran eses terribles gases ao fotógrafo. Non sei, pero caíame a cara de vergonza despois de ver a Zaplana e Acebes en Algeciras berrando ¡Nunca Más!, e eu na miña casiña ante esta terrible traxedia que sacudío todo o hemisferio Norte. Xúrovos que oíndo a radio de Jimenez Losantos, non poiden seguir sentado coma se non pasara nada, esto si que era malismo, e non a guerra contra Irak. Comprei unha mangeiriña coma que tiña Núñez Feijoo pra apagar os incendios, e visto que el soliño apagou varias hectáreas en un pis pas, aló me fun eu cumplindo un deber patriótico, e, púxenme a enfriar esa peligrosisma carga de ese barco da morte. Non servío de nada, porque os conspiradores de ZP, fixeron que o vento fora do sur (vese neste detalle ben claro a man de Chaves), e entón a auga que salia da traída estaba a 13 grados, temperatura insuficiente pra enfriar, polo que o barco estoupou, como, por outro lado era previsible, según os informes técnicos que nos os que mais sabían da materia, desde o seu Cuartel Xeneral do Gabinete de Crisis da Calle Génova. Ahora ven o peor, recuperar o shok traumático dos supervivintes, e sobre todo, facer que a población mundial volva a confiar na navegación comercial, e sobre todo que é o mais difícil, confiar no Nitramón.

5 comentarios:
alvarez: Pero neno, ti que fas escoitando a Jimenez exbanderaroja. Ten coidado que a corto plazo eleva a tensión e produce taquicardias (polo que vexo algo parecido pasoute) e a media e longo plazo, repunacia polo mundo. Se tuveras a desjracia de ser vigues e haber vivido o final da dictadura, saberias que a única radio que se podia escoitar era a COPE. Ate eu participara no 77 nun debate por a nosa asociacion xuvenil do barrio, e pensei que daquela ian a prendernos o salir da emisora polo que ali falamos. "Quien te a visto y quiente ve!!". Cousas da vida. E ti que eres xente de mar, que che parece o garbeo que deu o mercante?. Recuou para atras como din porque os irmans portugueses o mandaron para arriba de novo?
Unicamente que o capitán chamara primeiro ás autoridades portuguesas antes que ás españolas.
Sin máis comentarios que o barco aínda está aí e a oposición o único que di é que si foran eles metían o barco nun porto e o carallo.
Este tema penso que xa non dá para moito máis.
Eu non escoito a ese energúmeno nin jarto grifa. A min desde logo non che me fai gracia ningunha. Con respecto o barco, fíxose o que se tiña que facer, mentras non se soupo feacientemente que transportaba o barco, fixose por que o fume non chegara a terra. Un petrolero leva petróleo ou gasolina, pero un Bulk-carrier pode levar calquera cousa, sin papeles que o recollan. Anduven na mercante, e teño cargado incluso uranio empobrecido cando a guerra Iran-Irak, destino Irak, via Belgica e Inglaterra, e non constaba en ningún lado, mais ca no contenedor cas pegatinas de radioactividade. E non é coña. Chapeau pras autoridades, e que conste que eu non son do PSOE. Suso Lista
jajaja teorias conspiratorias...
È certo. Quando estoupou a carga do Cason e a Costa da Morte estivo em estado de sítio, há quem diz que o que levava era o uránio esse para a guerra de Irak -Irã que diz o Suso.
De facto, após o episódio do barco, apareceram neumonias e afecções das vias respiratórias sem muita explicação. Até onde eu sei, em Camarinhas e Vimianço, polo menos. Também subiu a proporção de cancros de pulmões.
Claro que a gente também é a óstia:
Havia quem ia ver como estoupavam os bidons à ribeira, empoleirados num curuto, coma se for um espectáculo.
Seguramente se lhe informar do contido de parte dos containers, algúm não iria tão alegremente.
Seica até de Santa Comba vinham ver, nos primeiros momentos.
Publicar un comentario en la entrada
Suscribirse a Enviar comentarios [Atom]
Enlaces a esta entrada:
Crear un enlace
<< Página principal