
Segundo López non ten mais familia ca o seu chimpín, no que viaxaba como se de un coche se tratara. Segundo López, chegou a este pueblo sendo neno, da man de un feirante. Segundo López viña sendo de Zamora, según lle dixeron a el cando empezou a entender. Segundo López fíxose retellador, xa que o mar dáballe medo, e, en pouco tempo, xa era o millor na súa profesión, e, tan bo era, que donde retellaba, xa se podía dar por finiquitado ese traballo pra vida, polo que pouco a pouco, foi quedando sen traballo.
Segundo López pasaba tódolos días da súa vida, tres ou catro horas no cemiterio, cousa por estes lares do mais normal, solo que a diferencia dos demais, Segundo López non tiña ningún pariente enterrado alí, cómo é de supoñer. Ía , atraído pola paz e tranquilidade, e polo colorido que as flores das tumbas, que o deixaban no tempo que alí pasaba, sumido nun estado de graza. E foi así, en ese estado, cando empezou a debullar na súa cachola, que o destino, o destino de todos, efectivamente estaba nas estrelas.
Tiña setenta anos, e, por casualidades que a vida ten, acontecío que, o Día do Carme, fixo falta un home para levar a Santa na tradicional Procesión Marítima. Alí estaba Segundo López, que sin pisar nunca o mar, levaba a Virxe do Carme cheo de orgullo e fachenda. Foi aos cinco minutos de embarcar no “ Kaolino”, barco o que correspondía levar a Santa, cando nun pantocazo do barco contra o mar, algúns perderon o equilibrio, e, entre eles, o peor parado foi Segundo López, por que caío ao mar por estribor. Foi velo e non velo. Colouse para o fondo como se fose de chumbo. Suspendíose a procesión, e durante un par de horas, mirouse a ver se aboiaba por aquela zona, cousa improbable, pero xustificante suficiente pra dicir que polo menos algo se fixera. Houbo reunión na taberna, e despois de catro horas de intercambio de pareceres, decidíose suspender a busca, xa que ao no ter parientes, a ninguén lle iba importar. Pero sobre todo, o que era evidente, era que todos no pueblo consideramos que Segundo López acertou de pleno respecto do seu destino, e que nós non eramos quen de cambiar esas cousas, as cousas do destino . O seu destino, foron as estrelas, pero as do mar, que diron boa conta de el, e calculamos que en dous meses, xa esas estrelas, terían comido eses oitenta quilos de destino. Ninguén chorou por el, por que de todas maneiras, el pasou mais tempo no cemiterio que calquera dos mortos que alí van, e por riba, pasouno vivo, polo que disfrutou das bondades do lugar. Ninguén chorou por el, a non ser, que os chimpíns choren.